Translate

martes, 19 de abril de 2022

Relatos para adultas/os

Relatos curtos para adultas e adultos aos que lles guste ler ou regalar un artigo diferente, máis rústico pero tamén máis artesán e persoalizado.

Encadernados do mesmo xeito que os contos.

Tamén, como nos contos, podemos persoalizar a historia poñendo o nome que elixas a algunha persoaxe; ou intercalando ilustracións ou fotografías feitas por ti.

O exemplo que presento é O carro que mirou a Xulia. Na versión en castelán: El coche que miró a Julia.

De cativa gustabama moito escoitar as historias que me contaba a miña avoa. Unha daquelas historias quedóuseme grabada, non sei ben porqué. En realidade era só unha pequena anécdota, pero dela naceu este relato.

Podes ler e escoller este e outros relatos aquí: https://pensaleando.blogspot.com/search/label/Relato

Espero que te guste!

Contacto:

reciclarte.lucia@gmail.com

luns, 4 de abril de 2022

Cuncas de ganchillo

Cuncas de ganchillo.

Elaboro unha trenza previa que permite darlle ese colorido tan variado.

 

Contacto: reciclarte.lucia@gmail.com
Facebook: ReciclArte